
CONCENTRACIÓN
VENRES 25 DE MAIO
NA PRAZA DO CONCELLO DE PONTEAREAS AS 20:00 HORAS.
'Nosa asociación, con ámbito galego, quere denunciar uns feitos que van máis alá da crueldade e a covardía, uns feitos que nos deixan o espírito estragado.
Fai algún tempo, comezaron a faltar animais pouco a pouco, pero non sospeitábamos semellante tortura. Estes días, apareceron cinco cans mortos por envelenamento, e desapareceron máis de vinte, sospeitamos que sexa polas mesmas circunstancias, e que foran a morrer entre as árbores.
Non sabemos que pode estar facendo este exterminio, inda co supoñemos, e queremos dicirlles, que o responsable e o Concello, porque mentres este non ceda un terreo para facer o novo refuxio, quedaremos aquí, loitando con todas as nosas forzas para que así sexa, e que xa poden seguir coas súas artimañas rastreiras o resto das súas míseras vidas, que alí SEMPRE chegarán cans novos, porque por desgracia, o ser humano non só os asasina, senón que tamén os abandona, e sería moi difícil dicir cal dos actos é o máis cruel. E que quede claro, que se estamos aquí, é porque a xente abandona ós animais, e porque o Concello non atende as súas obrigas coa protectora, xa que ten que cumprir coas leis dos animais e non o está facendo.
Recordarlles tamén, que as leis dos animais agora máis que nunca están vixentes, e asasinar a calquera animal está penado con multas severas e incluso prisión. E de agora en diante, os voluntarios ímonos turnar para vixiar o refuxio de noite e de día, e gravaremos todo o que vexamos e levaremos todo diante dun xuíz ata o final, para que os culpábeis paguen o que fixeron, e intentaremos por tódolos medios económicos e de vontade, que o castigo sexa o máis severo.

Así pois, queremos que todo o mundo o saiba de este acto tan vil e covarde, hacia animais indefensos, que ó único que fixeron, é dar moito cariño e lealdade a todos os que os coidábamos dende o día no que os botaron á estrada. Agora están mortos, e xa non poderán volver, pero por eles, e por todos os que quedan, seguiremos loitando ata o final, lle pese a quen lle pese. SEMPRE.
ACUDE A CONCENTRACION EN REPULSA DESTES FEITOS.
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS SEN FRONTEIRAS
Tlf. 651.020.483