2/3/07

CLUB DE LEITURA EN PORTUGUÉS

Se estás interesad@ na cultura e a língoa portuguesas, na Biblioteca Pública de Vigo imos poñer en funcionamento un CLUB DE LEITURA EN PORTUGUÉS.

Teremos reunións semanais, os venres ás 19:30 horas para comentar o lido, coordenadas por unha persoa portuguesa. Os textos a ler, que facilitará a biblioteca, e as reunións, desenvolveránse en portugués, polo que deberás ter un nivel de comprensión escrita e falada suficiente.

Se estás interesad@, anótate persoalmente na biblioteca ou chamando ao teléfono 986 22 90 74. Prazas limitadas. Actividade gratuíta.

BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO
Joaquín Yáñez, 6 (Casco Vello)
Vigo 36202
Telf.: 986 22 90 74
Fax: 986 22 73 42
CONTACTO